CRTVG

Buscar

A crise dos microchips afecta todo o sector da automoción

Publicado o 21/05/2021 14:21

A parada da produción da fábrica de Vigo de Stellantis, antiga PSA, preocupa os traballadores, pero tamén toda a industria auxiliar da automoción.

Dende o sector apostan por buscar investimentos que permitan fabricar este tipo de pezas aquí.

O vicepresidente de economía da Xunta asegurou que o Goberno galego aposta pola colaboración público-privada para aproveitar estas oportunidades, que poderían optar aos fondos europeos Next-Generation.

Noticias web

21/05/2021