A crise das materias primas e a suba de prezos afecta a industria da vivenda modular
Publicado o 31/08/2021 15:59
Desde que unha empresa de construción de Arzúa creou unha división de arquitectura modular, os seus pedidos non deixaron de medrar, especialmente a partir da pandemia.
En Galicia xa hai unhas vinte empresas dedicadas a esta actividade. Entre as vantaxes que din os que optan por este sistema, a rapidez da súa construción: en catro meses teñen a súa casa.
Unha expansión que está a chocar co incremento do prezo dos materiais que empregan, e que se disparou nos últimos meses:
Subas de máis do cen por cento e falta de subministración pola competencia con outras industrias por estas materias primas, e que repercute no seu prezo.
Con todo, desde o sector estiman que a construción modular seguirá gañando mercado polas súas vantaxes.