CRTVG

Buscar

A incidencia da covid baixa co bo tempo; acabará por ser un virus estacional?

Publicado o 04/06/2021 14:21

Que a covid-19 acabe por converterse nunha doenza estacional, como a gripe ou os catarros, é unha posibilidade que segue en investigación. O que si pode comprobarse é que o bo tempo volve cadrar por segundo ano cunha melloría dos datos. Desde o comezo da pandemia os expertos de todo o mundo cuestiónanse e investigan sobre a natureza do do virus que freou o mundo a partir de decembro de 2019.

"Non sabiamos se ía ser un virus que xera unha pandemia e desaparece ou se ía incorporar ao arsenal de virus que xeral patoloxías respiratorias", explica María José Pereira, xefa de Servizo de Medicina Preventiva e Saude Pública do CHUAC.

O feito de que a incidencia baixe co bó tempo, simultáneamente en todas as áreas climáticas similares, independentemente da súa incidencia de partida achega máis peso a esa hipótese. Pero tamén hai que ter en conta que o verán pasado viamos cun confinament duro e que neste, hai xa moita poboación vacinada. Tamén, que co bón tempo hai máis actividades ao aire libre, onde a transmisión é máis complicada. Por iso, manter a garda ata chegar a inmunidade de rabaño segue sendo imprescindible.

"A situación de fatiga pandémica fai que a poboación teña moita necesiadde de tentar volevr á normalidade. Pero dende o punto de vista técnico e sanitario a recomendación é que o fagamos pero en condicións de seguridade", explica a experta.

Canto máis lenta a desescalada, din, máis seguridade de que non haberá que retroceder.

Noticias web

04/06/2021