CRTVG

Buscar

A OMS conclúe que a covid-19 procede dun animal pero non partiu do mercado de Wuhan

Publicado o 09/02/2021 14:03

Na China, a misión da Organización Mundial da Saúde que investiga a orixe da COVID−19 conclúe que, tal e como se sospeitaba, o virus procede dun animal.

Aínda non saben de que especie era nin como chegou ao mercado de Wuhan, a cidade onde se viviu o primeiro gromo, en decembro de 2019. Cren que daquela o coronavirus xa circulaba por outros puntos da cidade chinesa e non só polo mercado.

De momento non teñen probas de que o virus saltase desde os morcegos ou os pangolíns. E indican que os visóns e tamén os gatos poden ser un reservorio potencial de coronavirus. O que queda practicamente descartado é que saíse dun laboratorio.

Noticias web

09/02/2021