A covid-19 obrigou a adaptar o modelo de atención médica presencial
Tras un ano de pandemia, semella que falar de saúde sempre vai ser falar de coronavirus, pero xa sabemos que hai outras enfermidades que seguen estando aí e que é preciso tratar. A covid-19 obrigou a cambiar moitas cousas, entre elas a adaptar o modelo de atención presencial, algo no que xa ten anos de experiencia o servizo de cardioloxía do CHUS.Despois dun ano de pandemia, parece que a covid-19 relegou outras patoloxías, crónicas, oncolóxicas, cardiovasculares... que seguen estando aí e que é preciso atender.
O coronavirus obrigou ademais a cambiar e adaptar o modelo de atención presencial, algo no que teñen moita experiencia no servizo de cardioloxía do CHUS... Alí levan anos utilizando o modelo de e-consulta, xunto con aplicacións de seguimento domiciliario de pacientes e mesmo coa incorporación das videoconsultas.
Enfermos e profesionais médicos quéixanse de que pola covid-19 moitos pacientes perderon neste tempo a continuidade asistencial.
Algo que poden axudar a solucionar as diferentes modalidades de telemedicina, que, din os expertos, chegaron para quedar.
Os médicos insisten en que en calquera caso é necesario un maior esforzo das autoridades e das administracións para non perder pola covid-19 todo o que se tiña logrado no diagnóstico e o tratamento precoz de múltiples patoloxías.