CRTVG

Buscar

A covid-19 non afecta máis os asmáticos

Publicado o 04/05/2021 20:52

"Sibilancias, sensación de opresión no peito, mala tolerancia ao esforzo, despertares nocturnos, tose, fatiga", explica Luis Pérez de LLano, director da investigación en asma da Sociedade Española de Patoloxías Respiratorias.

Son os síntomas básicos da asma, unha enfermidade que afecta o 4 % dos adultos, entre eles máis as mulleres, e un 10 % da poboación infantil. Ten unha compoñente hereditaria e tamén influencia do medio ambiente. Coa chegada da covid temeuse que os asmáticos tivesen máis risco, pero é un falso mito xa desmontando.

"Tiñamos medo que os pacientes graves con tratamentos que reducen as defensas estivesen máis expostos ao virus, pero tras estes meses de experiencia vimos que os pacientes asmáticos compórtanse como a poboación en xeral e sen un maior risco", sinala Luis Pérez de LLano, director da investigación en asma da Sociedade Española de Patoloxías Respiratorias.

Rastrexouse os pacientes máis graves e non houbo moitos casos de ingresos hospitalarios e agora investígase se algún tratamento mesmo achega protección fronte ao virus.

"Algúns que están recibindo corticoides inhalados como tratamento da asma, parece que poderían ter certa protección. Viuse algún indicio nalgún estudo e estase investigando se os corticoides inhalados pode protexer fronte ao coronavirus", explica Luis Pérez de LLano, director da investigación en asma da Sociedade Española de Patoloxías Respiratorias.

Non existe cura fronte á asma, pero si numerosos medicamentos para controtala e fan que a inmesa maioría dos que a padecen leven unha vida normal.