CRTVG

Buscar

A covid-19 está moi presente no belén de Valga deste ano, o seu 25 aniversario

Publicado o 08/12/2020 14:24

Está de aniversario, fai 25 anos. E como manda a tradición, polo Nadal volve, como os consabidos doces tradicionais. É o belén de Valga, que este ano incorpora novas escenas e figuras. Destaca a covid-19 e homenaxes a persoeiros como Maradona, despois do seu recente pasamento.

A pandemia que marcou, e marca, todo este ano é unha das protagonistas. Un hospital, as residencias de maiores tan afectadas polo virus ou a compra compulsiva de papel hixiénico protagonizan un nacemento no que as máscaras son xa un complemento máis das 4.500 figuriñas feitas á man.

Alfonso García, un dos construtores, di que "figuras hai moitas. Está o tema dos sanitarios, hospitais, autocovid onde se fan as PCR, as máscaras.... Hai que velo. Usamos motores de limpaparabrisas, de cepillos de dentes... o que nos vai aparecendo".

Está tamén o enfrontamento entre Isabel Pantoja e o seu fillo Kiko Rivera. Nos deportes, o novo triunfo de Rafa Nadal en Roland Garros ou a frustrada saída de Messi do Barcelona. Os falecementos de Maradona, Michael Robinson e Kobe Bryant.

Tamén se lembran de persoeiros como Lucía Bosé, Rosa María Sardá e Pau Donés. Ademais de todo isto, tamén está o portal de Belén.

Noticias web

08/12/2020