CRTVG

Buscar

A Coruña, a única área por riba dos cen casos novos de covid−19

Publicado o 22/11/2020 15:34

Concretamente, son 125 os casos confirmados por PCR nas últimas horas. De feito, a da Coruña é a única área que supera o cento de contaxios, segundo a información facilitada polo Sergas.

Ademais de aumentaren os contaxios, tamén medra a presión hospitalaria. Hai 138 persoas ingresadas, a maioría neste hospital. Vinte e nove están na unidade de coidados intensivos. A área sanitaria da Coruña-Cee ten arestora máis de 1.800 pacientes con infeccion activa.

Noticias web

22/11/2020