CRTVG

Buscar

A Coruña suma preto de 1.100 casos activos, o 40% do total rexistrado nas sete cidades

Publicado o 20/02/2021 14:16

A evolución é boa nas cidades galegas, pero a incidencia acumulada aínda está por riba dos catrocentos puntos en Ferrol e na Coruña. Esta última ten as cifras peores, con preto de 1.100 casos activos, practicamente o 40% de todas as infeccións en curso contabilizadas nas sete urbes.

Hai sesenta e sete casos activos menos ca onte, unha tendencia á baixa que comparte toda a área metropolitana coruñesa. Os datos melloran, pero non dabondo como para deixar o nivel de risco extremo.

Nos hospitais da Coruña hai 231 persoas ingresadas. 56 están graves nas unidades de coidados intensivos.

Noticias web

20/02/2021