CRTVG

Buscar

A Coruña, sede do Young Audience Award

Publicado o 05/05/2019 14:29

Adolescentes de toda Europa comparten o mesmo plan dominical: ocupar durante todo o día unha butaca e asistir a un maratón de cine para elixir a mellor película xuvenil europea entre as tres cintas finalistas.

Xurado adolescente para valorar filmes que tocan temáticas coas que eles conectan. Primeiro proxectouse Los Bando, unha road movie norueguesa protagonizada por un grupo de música que emprende unha viaxe por todo o país para participar no Campionato Nacional de Rock.

Despois de cada visionado, tempo de opinión e de debate. Rapaces de cincuenta e cinco cidades de trinta e catro países europeos terán que votar a súa longametraxe favorita. A Academia Galega do Audiovisual conseguiu que o certame chegase por primeira vez a Galicia.

Os premios entregaranse esta tarde na cidade alemá de Erfurt. Os rapaces poderán seguir a cerimonia desde a sala de cine.

Noticias web

05/05/2019