CRTVG

Buscar

A Coruña recibe o primeiro cruceiro durante a pandemia desde marzo de 2020

Publicado o 11/09/2021 14:50

O porto da Coruña recibiu o primeiro cruceiro desde marzo de 2020. O Viking Sky arribou ao peirao de transatlánticos pouco antes do mediodía con 250 turistas a bordo, moi lonxe da súa capacidade máxima. Toda a pasaxe viaxa coa pauta de vacinación completa e cunha proba de coronavirus negativa realizada antes do embarco.

A Autoridade Portuaria coruñesa, que estima nuns vinte millóns de euros as perdas nestes dezaoito meses, ten previstas outras trinta escalas ata finais de ano. O presidente da entidade, canda outras autoridades, recibiu en terra o capitán do buque. O Viking Sky zarpará ás cinco da tarde rumbo a Oporto.

Noticias web

11/09/2021