CRTVG

Buscar

A Coruña pecha as primeiras escalas de cruceiros para xullo e agosto

Publicado o 31/05/2021 15:18

Reactívase o sector turístico na Coruña. A Autoridade Portuaria comeza a recibir as primeiras solicitudes de escalas de cruceiros para os meses de xullo e agosto, pero non desbotan que este mesmo mes de xuño poida chegar xa algún cruceiro á Coruña.

Este regreso dos transatlánticos aos portos prodúcese tras a autorización por parte do Ministerio de Transportes ante a mellora da situación sanitaria a nivel europeo e tamén ante o avance da vacinación. Para garantir a seguridade, estableceuse un completo protocolo coas medidas que deben seguirse tanto durante as viaxes como nas escalas nas diferentes cidades.

É o primeiro paso dunha reactivación do turismo de cruceiros que conta con moi boas perspectivas para o 2022.

Noticias web

31/05/2021