CRTVG

Buscar

A cidade da Coruña, medalla de prata ao mérito social penitenciario

Publicado o 24/09/2021 13:49
A cidade da Coruña, medalla de prata ao mérito social penitenciario

A alcaldesa Inés Rey, en nome da cidade da Coruña, recolleu este venres no centro penitenciario de Valladolid a medalla de prata ao mérito social penitenciario. É o un recoñemento ao labor do consistorio na realización de servizos no ámbito penitenciario.

En marzo, Concello e Estado acordaron que preto de 40 persoas con penas realizasen traballos en beneficio da comunidade, para favorecer a sua inclusión. O acto de entrega das distincións, con motivo do día da Merce, contou coa presencia do Ministro do Interior, Fernando Grande Marlasca.

Noticias web

24/09/2021