CRTVG

Buscar

A Coruña e Ferrol soben de nivel e incrementan as restricións

Publicado o 31/07/2021 14:40

A Coruña entra no nivel de risco alto de restricións. Ante a evolución dos datos da pandemia, a cidade endurece as restricións. As novas medidas limitan unha vez máis a actividade hostaleira. Dentro e fóra a capacidade redúcese á metade. Para consumir no interior cómpre acreditar a inmunización ou presentar unha proba negativa.

Os locais de lecer nocturno que teñan terraza poderán traballar esta noite, pero terán que pechar á unha da mañá. A partir desa hora só se permiten grupos de conviventes. As mesmas medidas tamén se aplican desde hoxe en Ferrol, que en apenas un mes multiplicou por catro o número de infeccións en curso.

Noticias web

31/07/2021