CRTVG

Buscar

A Coruña celebra unha campaña para previr as enfermidades de retina

Publicado o 03/06/2019 21:35

Os maiores de 50 anos son, xunto coas persoas diabéticas e os pacientes con máis de seis dioptrías de miopía, os que maior risco teñen de padecer problemas de retina. Son enfermidades oculares que provocan alteracións da visión.

Ao longo da semana desenvólvese na Coruña unha campaña de prevención coa realización de probas diagnósticas de balde que evitan a dilatación da pupila.

A retinopatía diabética ou a dexeneración macular son algunhas das enfermidades de retina. Son, todas elas, a primeira causa de cegueira non reversible.

Noticias web

03/06/2019