CRTVG

Buscar

A Coruña, capital do humor por unha semana no Encontro Mundial de Humorismo

Publicado o 13/05/2019 21:25

A Coruña comeza unha semana chea de humor. Ata o domingo celébrase na cidade o primeiro Encontro Mundial do Humorismo onde se citarán moitos dos grandes artistas cómicos do momento. Entre os galegos non faltarán Touriñán, David Perdomo ou Carlos Blanco.

Un discurso de ingreso na Real Academia Española marca o punto de partida do primeiro Encontro Mundial de Humorismo. O discurso é obra de Wenceslao Fernández Flórez, ao que se lle dedica unha exposición. Na semana das Letras Galegas, o Encontro Mundial do Humorismo quere lembrar que os grandes autores galegos eran humoristas. E a eles rende homenaxe a través dunha restra de actividades: cine, programas de radio, improvisión de humor para nenos e con grandes figuras cómicas.

Luis Piedrahita, Encontro Mundial de Humorismo: "Temos as galas de Humoris Causa, onde están Quequé, Ana Morgade, Touriñán e un servidor; e a gala final, a Gala Fantastic Colofon, con monólogos e actuacións de Marta Flich, Joaquín Reyes e Carlos Blanco".

O cineasta José Luis Cuerda, que levou o cine O bosque animado, recibirá o domingo no Teatro Colón o premio Wenceslao Fernández Flórez deste primeiro Encontro Mundial do Humorismo.

 

Noticias web

13/05/2019