CRTVG

Buscar

A Coruña alónxase da reapertura tras unha repunta nos datos da covid

Publicado o 01/01/2021 14:33

 A reunión do Comité Clínico da semana que ven, previa á festividade de Reis, analizará a repercusión das celebracións do Nadal na evolución da pandemia. De momento, os datos apuntan xa unha repunta na área da Coruña, unha área que amosaba unha evolución favorable, pero que co incremento dos últimos días volve superar o limiar dos 1.000 casos activos.

Ademais, a persistencia da covid nalgúns concellos da área de Fisterra e da área metropolitana provoca que os datos de ocupación de camas ordinarias e de UCI sexan dos máis altos de Galicia.

A cidade tivo durante case todo decembro unha evolución favorable e o Comité Clínico mesmo chegara a barallar a súa reapertura, pero agora volve preocupar.

Xeringas, coa vacina da covid; pero tamén, os bastóns cos que se recollen as mostras para as PCR. Son os dous instrumentos sanitarios convivirán para loitar contra o coronavirus, polo menos, durante o primeiro semestre de 2021.

O camiño de lograr a inmunidade leva tempo, e nel haberá que ir sorteando as pedras dos posibles rebrotes. 2020 pechaba coas advertencias das autoridades sanitarias, porque cumprir, en distancias, hixiene e máscara e mobilidade segue sendo imprescindible para non sobrecargar os hospitais.

O Comité Clínico aborda para a semana, antes de Reis, os datos que quedan tralas celebracións de Nadal e nos que, a día de hoxe, se observa certa estabilidade, pero con perceptibles repuntas.

As autoridades sanitarias reiteran que só é posible vencer a covid se nos mantemos en garda.

Noticias web

01/01/2021