A Coruña acolle un mercadiño de roupa retro de segunda man ao peso
Publicado o 30/07/2021 20:53
Roupa deportiva, vestidos e prendas de abrigo. Variedade nos estilos e tamén nas marcas.
Prendas vintage que van dos anos 60 do século pasado ata o ano 2000, que aquí se poden mercar a 50 euros o quilo.
Pezas retro de segunda man para renovar o roupeiro. Unha opción que cada vez ten máis adeptos en Galicia.
E case todos acaban por atopar o que procuran.
Un mercadiño que se poderá visitar ata o domingo en Palexco con cita previa.