CRTVG

Buscar

Goberno central e Correos cúlpanse mutuamente dos problemas co voto exterior

Publicado o 15/07/2020 15:20

Para o reconto que fará a Xunta Electoral o luns hai 5.726 sobres. É a porcentaxe de participación máis baixa da historia no voto exterior. Outros 7.000 galegos que pediron votar non puideron facelo.

 "Non puidemos votar. Non nos chegou a correspondencia para facelo", explica a intendenta do Centro Galego de Montevideo, Alejandra Rial.  

"E quixeramos saber por que xa que representa un dereito para todos os galegos", pregunta Roberto Gonzáez, presidente da Federación de Centros Españoles de Venezuela.

O Ministerio de Asuntos Exteriores responsabiliza a Correos e o servizo responde. Asegura que enviou a documentación electoral a todos os países e que só quedou en Baraxas, por problemas co transporte, a de Venezuela.

Desde o PP lamentan o ocorrido. Alfonso Rueda pide que o Goberno central actúe.

"Eu lamento moito que moitos que o pediron non puideran facelo. Pero lamentaría moito máis que os que puideron facelo ao final eses votos que están aí non chegaran a tempo. Agardamos que todos eses votos, quen teña a respondabilidade de facelo, que é a Administración central, faga todo o necesario para que cheguen a tempo", afirma Rueda.

O voto exterior vai decidir se o último escano de Pontevedra o mantén o PSOE ou pasa ao PP. A diferenza é de 47 papeletas.

Noticias web

15/07/2020