CRTVG

Buscar

A contratación no sector primario galego medra en xuño un 26%, afirma Randstad

Publicado o 03/08/2020 12:43
A contratación no sector primario galego medra en xuño un 26%, afirma Randstad

En Galicia asináronse 2.298 contratos no sector primario durante o mes de xuño, fronte aos 1.827 de maio, o que supón un crecemento do 25,8 % e un aumento 40,6 puntos porcentuais superior á media nacional (-14,2 %), segundo datos da consultora Randstad.

Segundo as cifras facilitadas nun comunicado pola citada compañía, o volume de contratos rexistrado na comunidade galega supón o 1,1 % do total que se asinou en todo o Estado.

No ámbito provincial, A Coruña foi onde se rexistraron máis contratos no sector primario, 885 firmas, e un aumento do 32,1 % máis que en maio. Séguena Pontevedra, con 670 contratos (39,9 %), e Lugo, con 537 (31,9 %).

Pola contra, Ourense é na única provincia onde descenden os contratos un 24 %, situándose en 206.

A nivel nacional, o sector primario, con máis de 208.500 firmas no mes de xuño, segue á cabeza en número de contratos, a pesar de que o volume se reduciu un 14,2% con respecto a maio, cando foron 243.146.