A consultora contratada por Podemos non tería administrador, segundo o 'ABC'
Publicado o 19/08/2020 12:48

Nova información sobre a investigación a Podemos, que publica o xornal 'ABC'. Di que a consultora que contrataron para as eleccións de 2019 non conta con administrador nin con ningún cargo inscrito, segundo comprobou o xornal no Rexistro mercantil.
Explican que isto dificulta o traballo do xuíz, xa que non hai ninguén que responda polos actos investigados. O xornal tamén publica que o denunciante, o avogado despedido por Podemos, lle entregou ao xuíz unha serie de mensaxes de membros do partido que probarían, supostamente, que as obras da sede non se licitaron de forma correcta.