A conserveira Albo, a primeira empresa en instalarse na Plisán
As máquinas comezaron este venres as obras de construción da fábrica con sede na Plisán, a conserveira Albo. Na colocación da primeira pedra da factoría de capital chinés, o presidente da Xunta chamou a competir para atraer novos investimentos e evitar a deslocalización da industria.
É a primeira pedra da factoría de Albo na Plisán, na plataforma de Salvaterra de Miño que levaba anos parada e que agora espera que atrás da conserveira veñan máis empresas. O presidente da Xunta falou no acto de competir, todas as administracións, para atraer investimentos a Galicia e impedir que se deslocalicen os que hai.
"A proximidade a Portugal é sen dúbida ningunha unha oportunidade, unha oportunidade que temos que aproveitar. As nosas industrias teñen que acreditar talento, formación e innovación porque cando un decide investir, decide investir naquel lugar que é mellor para a súa compañía e para os seus traballadores, e por tanto, ou competimos de verdade ou simplemente faremos unha crónica das empresas que marchan, evitando falar das empresas non deberían ter marchado e que deberían ter quedado", di Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia.
O capital chinés dono da conserveira galega fala de integración en Galicia e de protexer a marca Albo.
"Facela máis sólida e prestixiosa, contribuindo e formando parte con grande orgullo dotecido industrial galego", afirma Yong Wuang, membro do Consello de Administración de Albo.
O inicio das obras coincidiu co aninovo chinés, este venres 12 de febreiro aquí, comeza na China o ano do Boi.