CRTVG

Buscar

A Consellería do Mar aproba axudas á acuicultura polas perdas da covid

Publicado o 11/08/2021 14:26

A Consellería do Mar aproba axudas ao sector acuícola prexudicado por mor da covid. Anunciouno a conselleira durante a visita ao polígono bateeiro da Pobra do Caramiñal.

Rosa Quintana calcula que estarán resoltas as solicitudes en setembro e recibiranas as empresas que acrediten perdas de ata o 50 % durante 2020 por culpa da pandemia. A conselleira tamén explicou as axudas que ofrece o seu departamento para fomentar a innovación na acuicultura.

Noticias web

11/08/2021