CRTVG

Buscar

A consellería de Sanidade levanta o confinamento en Burela

Publicado o 22/07/2020 12:40
A consellería de Sanidade levanta o confinamento en Burela

A Consellería de Sanidade lenvanta a restricción de mobilidade en Burela; toda a Mariña queda aberta ao turismo tamén.

Vázquez Almuíña xa lles comunicou esta decisión aos alcaldes da comarca, cos que está reunido en vídeoconferencia.

Na Mariña só quedaba confinado o concello de Burela polo brote iniciado o 23 de xuño. Co confinamento tamén se reduciran os horarios da hostalería. Desde o momento en que se publique a apertura no Diario Oficial de Galicia, bares e restaurantes poderán abrir ata as 00:30 horas e deberán quedar balereiros á unha da mañá. 

Pero, atención, que se manteñen as limitacións de capacidade e de reunión.