CRTVG

Buscar

A Consellería de Sanidade habilita un teléfono para obter o certificado de vacinación

Publicado o 12/07/2021 20:00

• Un total de 383.282 persoas contan co certificado galego de vacinación, e 426.984 descargaron o certificado europeo

• Máis de 4.000 persoas xa concertaron a súa vacinación por medio do sistema de autocitación activado pola Xunta de Galicia

A Consellería de Sanidade habilita un teléfono para obter o certificado de vacinación

A Consellería de Sanidade habilitou unha nova modalidade para obter o certificado de vacinación covid−19. É a través do número de teléfono 900 400 116. As persoas que queiran poderán solicitar o seu documento oficial de vacinación por medio dunha chamada telefónica. Recibirán unha mensaxe cunha ligazón e alí estará o certificado para poder ser descargado.

Esta nova opción súmase ás que hai na actualidade: a través do portal E-Saúde do Servizo Galego de Saúde, por medio das aplicacións Sergas Móbil e Passcovid, ou solicitando a súa impresión nas farmacias galegas. Xa hai 383.282 persoas que teñen certificado galego de vacinación e  426.984 persoas descargaron o certificado de vacinación comunitario.

Máis de 4.000 persoas solicitaron a súa vacinación por medio da autocita, segundo manifestou a Consellería de Sanidade. Os destinatarios deste sistema son os estudantes do programa Erasmus e os maiores de 50 anos que aínda non recibiran ningunha das doses da vacina.

Noticias web

12/07/2021