CRTVG

Buscar

A Consellería de Medio Rural dá por controlado o incendio en Ponteceso

Publicado o 24/08/2021 21:28
A Consellería de Medio Rural dá por controlado o incendio en Ponteceso

A Consellería do Medio Rural deu por controlado hai uns minutos o incendio forestal que desde a tarde de onte afecta a parroquia de Niñóns, no municipio coruñés de Ponteceso.    

Segundo as últimas estimacións, as lapas afectaron unha superficie de 118 hectáreas, 47 delas de masa arborizada e 71 de monte raso. Na zona traballaron catro técnicos, once axentes, 28 brigadas, 15 motobombas, tres pas e medios aéreos.

Noticias web

24/08/2021