CRTVG

Buscar

A Consellería de Educación propón que as recuperacións da ESO e primeiro de bacharelato sexan en xuño

Publicado o 07/04/2021 17:12

O curso que vén, os exames extraordinarios da educación secundaria obrigatoria e bacharelato xa non serán logo das vacacións do verán.

Segundo a proposta da Consellería para o vindeiro curso, os exames de setembro de toda a ESO e de primero de bacharelato quedarían para despois dos exames de xuño, sobre unha semana despois.

Ata o dagora, tan só se adiantaban as recuperacións en segundo de bacharelato, pero a partir do curso que vén, xa todos os cursos o farán así.

Galicia non sería a única comunidade autónoma en que non se celebrasen os exames extraordinarios de bacharelato en setembro: xa o fan tamén noutras oito. O cambio de datas permitiría ás familias conciliar mellor, porque daría lugar a que gozasen das vacacións dunha sentada e sen interrupcións. E os centros poderían dimensionar con tempo os seus recursos durante o verán, sabendo de antemán cantos alumnos terán e en que materias.

"Vai ser moi importante para as familias, porque as familias poderán marchar de vacacións xa cos seus fillos escolarizados no centro, mentres que agora non era así, tiñan que esperar a setembro", explican en Educación.

Hoxe tamen se coñeceu que o curso 21/22 comeza o 8 de setembro para o segundo ciclo de infantil, primaria e educación especial. Para ESO, bacharelato e FP, o 15 de setembro.

 

Noticias web

07/04/2021