CRTVG

Buscar

A Consellería de Cultura lanza unha nova campaña para reactivar o sector

Publicado o 27/11/2020 14:52

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, presentou a nova campaña para fomentar a cultura que a Xunta de Galicia pon en marcha para os próximos meses.

Trátase de impulsar a reactivación do teatro, o cine, os libros, a música ou a danza para aliviar a situación do sector cultural e os seus profesionais, que se viron moi afectados pola situación provocada pola covid.

A estratexia para conseguilo é, entre outras actuacións, unha importante presenza en plataformas como Instagram ou Spotify, por primeira vez, a Xunta vai estar presente en TikTok.


 

Noticias web

27/11/2020