A conselleira de Política Social avanza que dentro dunhas semanas se presentará o novo modelo dos xeriátricos poscovid
Publicado o 13/09/2021 12:06
A conselleira de Política Social, Fabiola García, avanzou nunha entrevista na Radio Galega que nas vindeiras semanas se presentará o novo modelo de xestión das residencias de maiores. Explicou que, tras a pandemia, os xeriátricos mellorarán en seguridade e reforzarán a coordinación cos centros sanitarios.
"Unha maior colaboración socio sanitaria, é decir unha maior colaboración como fixemos estes meses os servizos sociais e os sanitarios que haxa liñas de acceso directo dende os residentes aos centros sanitarios, ir reconvertendo esas residencias en máis seguras e máis avanzadas", destacou Fabiola García.