CRTVG

Buscar

A conselleira de Infraestruturas anuncia que dentro dun mes estará licitado o proxecto da urbanización da intermodal de Lugo

Publicado o 23/09/2019 15:08

Así quedará a parcela en que se sitúa agora a estación de autobuses de Lugo. No seu lugar haberá unha gran praza pública, coa que se recuperará este espazo no centro da cidade. A urbanización desta zona inclúese no proxecto da estación intemodal.

A Xunta espera licitalo dentro dun mes, di que só están á espera de que se asine o convenio con Fomento e o Concello.

Así o explicaba a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez: "Estamos a falar dun proxecto que require do compromiso das tres adminstracións, Xunta, Fomento e Concello. A día de hoxe non nos responderon a esta proposta de convenio, pero, en calquera caso, non podemos parar, temos que seguir traballando neste proxecto importante para Lugo".

Esta praza terá tres funcións, unha social como espazo de ocio, económico para fomentar o pequeno comercio da zona, e de mobilidade. Aquí situarase un dos intercambiadores de viaxeiros para trasladalos á nova estación intermodal.

Noticias web

23/09/2019