A Confederación de Empresarios de Hostalería de Galicia defende as restricións actuais
Volver baixar o enreixado levaríaos á ruína e máis na época máis produtiva para o sector, o verán. Evitar o peche é a prioridade para a confederación de Empresarios de Hostalería de Galicia e por iso negociaron as restricións que lles afectan aos seus establecementos. Rexeitan e non entende os recursos xudiciais presentados por unha asociacion de Lugo e varios hostaleiros de Santiago.
"As catro asociacións provinciais de hostalería negociamos estas medidas, acordamos isto para evitar o peche", di Cheché Real, presidente da Confederacion de Empresarios de Hostalería de Galicia.
Defende que a obriga de presentar o certificado de vacinación ou unha proba negativa para acceder ao interior dos locais xa se aplica nunha vintena de países.
"Isto é seguridade para todos, para os clientes, os traballadores, a sociedade en xeral. Quen queira meter atrancos nas rodas nunha situación económica e sanitaria coma esta, mellor que se enrole nun circo", asegura Real.
Confían en que grazas a estas medidas en breve se autorice traballar nas terrazas ao cen por cento e a reapertura do ocio nocturno.