A condena polo asasinato da Coruña é unánime por parte de todas as forzas políticas
Na praza de María Pita, na Coruña, celebrouse unha concentración, diante do Concello, para expresar a enérxica repulsa contra este crime. Os membros da corporación municipal manifestaron en silencio o rexeitamento que producen crimes deste tipo e a necesidade de que a sociedade se una para combater e erradicar esta eiva. Tamén encabezou esa concentración o presidente do Parlamento Galego, Miguel Ángel Santalices.
O presidente galego condenou este crime, e enviou unha mensaxe de pésame á familia da vítima. Núñez Feijóo pediu que se faga xustiza e lamentou que esta "barbarie siga presente" e ofreceu o apoio ás forzas e corpos de seguridade do Estado que investigan o caso.
Condena e repulsa tamén ante este crime dende o Bloque Nacionalista Galego e o PSdeG. Ana Pontón pediu illar os discursos negacionistas que dan acubillo á lacra machista, e Gonzalo Caballero expresou a súa condena "máis firme" e incidiu na necesidade de estar todos unidos.