CRTVG

Buscar

A concentración convocada este domingo na praza Colón centra a pugna entre partidos

Publicado o 12/06/2021 14:55

María Jesús Montero participaba nun acto do PSOE centrado en cuestións económicas. Nese contexto, defendeu os indultos para facilitar o reecontro dos cataláns entre eles mesmos e con España, e arremeteu contra o PP por avivar o odio e pola la súa presenza na manfestación de Colón.

"Eu non entendo como un partido como o Partido Popular, por amortizado, renuncie a ter representación en Cataluña ou no País Vasco e utilice esa cuestión para avivar o odio ou para avivar o enfrontamento noutras partes de España", declarou Montero.

Desde o PP, Pablo Casado explicou que Pedro Sánchez está entregado a "independentistas, batasunos e radicais". Considera que o presidente do Goberno padece síndrome de Estocolmo porque presenta os independentistas como os que buscan a concordia, pero "xa non engana a ninguén"

"Se para seguir no poder, para seguir secuestrado por aqueles que queren romper España, o que a Sánchez lle piden é entregar a Constitución, entregar a legalidade, entregar a concordia en España, a unidade nacional e a igualdade dos españois, asegúrovos que o Partido Popular  non o vai permitir", manifestou Casado.

Noticias web

12/06/2021