A Comunidade Valenciana prorroga as restricións e o peche da hostalería ata o 1 de marzo
A Generalitat Valenciana prorrogará ata o 1 de marzo o peche total de bares e restaurantes na Comunitat, o dos comercios ás 18 horas en todo o territorio e o peche das grandes cidades as fins de semana para tentar frear o avance da pandemia do coronavirus. Así o anunciou este xoves o president da Generalitat Ximo Puig tras a reunión da Mesa Interdepartamental para a Prevención e Actuación ante a covid−19 nunha conferencia de prensa en que sinalou que "o esforzo de todos" supuxo unha mellora colectiva, que xuntos estásn "a salvar vidas" e ese é o camiño que teñen que consolidar.
Puig sinalou así mesmo que son "decisións difíciles" pero non poden relaxarse porque "non sería responsable" e anunciou que se manterán as restricións actuais ata o 1 de marzo porque están a dar "bos resultados".