CRTVG

Buscar

A Comunidade Valenciana continúa en alerta amarela por treboadas e pedrazo

Publicado o 31/08/2021 16:03

Circular por Moncófar, en Castellón, resulta ben complicado. Rúas anegadas e multitude de vehículos coa necesidade de pasar polo taller, inutilizados pola auga. Os bombeiros continúan traballando arreo para mellorar as condicións de habitabilidade da cidade tras a última choiva. Nos túneles, por exemplo.

Nos locais, as perdas son evidentes. Entradas de vivendas particulares bloqueadas e o sistemas de canalización atascado.

Así, a zona continuará en nivel amarelo por posible choiva que virá acompañada de novo por aparato eléctrico, que onte deixou máis de seis mil raios na Comunidade Valenciana.

Noticias web

31/08/2021