A comunidade internacional mobilízase para axudar ao Líbano
O mar encheu o furado de 43 metros de profundidade causado pola enorme explosión do martes. A auga complica ainda máis os traballos de busca dos corpos dos desaparecidos. Os merguralladores só atopan restos que se irán identifcando coas probas de ADN. Á espera de recuperar todas as vítimas, o número de falecidos está en 158. Os milleiros de persoas que quedaron sen casa están recibindo axuda das organizacións internacionais, que levantaron carpas na zona. Os voluntarios viaxan desde todos os puntos do país para axudar nas tarefas de limpeza e no reparto de alimentos. Hassen chegou o día seguinte á explosión e construiu unha cociña improvisada onde preparan ata 1000 comidas ao día apra a xente que traballa, que limpa e para os desaloxdos, di,
Varios países enviaron axuda de emerxencia a Líbano e os líderes internacionais celebran un encontro telemático, convocados por Francia e Nacións Unidas, para coordinar os envios de medicamentos, material sanitario, vacinas e alimentos. España preparou un envio que sairá o martes desde Zaragoza.
Mentres, continúa a investigación sobre as causas da explosión. As protestas deste sábado deixaron un axente morto e máis de 200 feridos. Ademais, o accidente cobrouse a primeira vítima política dentro do goberno. A ministra de información dimite tras pediulle perdón ao pobo libanés.