CRTVG

Buscar

A comunidade educativa analiza a proposta do Ministerio para o curso que vén

Publicado o 14/05/2021 14:49

A comunidade educativa prepara xa o curso que vén con esa folla de ruta que enviou o Ministerio. Valoran que se manteñean a maioría das precaucións deste ano. A proposta flexibiliza algunhas medidas, como permitir a interacción entre distintos grupos nos recreos ou reducir a distancia de seguridade. Na Xunta falan dun protocolo de transición.

Os expertos en saúde poñen o foco na vacinación dos nenos como o mellor protocolo de seguridade, polo menos, a partir dos 12 anos. Entre as familias hai tranquilidade, despois de que este curso fora mellor do que prevían a maioría.

A proposta final de inicio de curso aprobarase o mércores nunha reunión entre o Ministerio e as comunidades.

Noticias web

14/05/2021