A Comunidade de Madrid amplía a seis os clientes por mesa nas terrazas
Publicado o 05/02/2021 16:46
Os responsables sanitarios madrileños manteñen que non é na hostalería onde se producen máis contaxios. Por iso, porque tamén hai, como eles dín, unha moi leve melloría, a incidencia é de 860 caos por cada 100.000 habitantes, dende hoxe amplíase o número máximo de persoas por mesa en terraza, pasa de catro a seis.
Con todo, mantense en catro o servizo en barra. E as máscaras serán obrigatorias en todo momento, dentro e fóra, en bares e restaurantes. Só as poderemos quitar cando vaiamos comer ou beber.