A comunidade científica avala a limitación de fumar en espazos públicos
Imaxes de xente fumando que estamos afeitos a ver estes días en rúas e locais hostaleiros deixará de ser habitual. Está prohibido quitar a máscara para botar un cigarro en espazos públicos se non se garda a distancia de seguridade.
E é que o fume do tabaco pode actuar como un excelente transmisor do virus a través das partículas que exhalamos. O mesmo ocorre co cigarro eletrónico. Así o demostran os estudos científicos e así o recomendan desde as Sociedades de Neumoloxía.
Galicia toma a dianteira na aplicación desta medida pero outras comunidades xa seguen o camiño de preto. Andalucía e as dúas Castelas están avaliando a posibilidade de aplicala. Na rúa, moitas voces a favor e tamén preocupación entre os hostaleiros qu entenden a medida sanitaria pero temen polos prexuizos económicos.
Os pneumólogos animan a aproveitar o momento para deixar o tabaco. Aos prexuízos demostrados para a saúde en xeral, únese o agravamento dos afectados pola covid-19 e unha maior posibilidade de contaxios.
Frear o virus, din, é unha responsabilidade de todos, e só se entre todos poñemos da nosa parte conseguiremos o obxectivo.