CRTVG

Buscar

A compravenda de viviendas modera a caída en febreiro ao 4,3 % pero marca a súa cifra máis alta nun ano

Publicado o 21/04/2021 09:15
A compravenda de viviendas modera a caída en febreiro ao 4,3 % pero marca a súa cifra máis alta nun ano

A compravenda de vivendas baixou un 4,3 % o pasado mes de febreiro en relación ao mesmo mes de 2020 ata sumar 43.185 operacións. A pesar deste descenso, a cifra total de compravendas é a máis elevada desde febreiro de 2020, xusto antes de que estalase a pandemia, segundo informou este mércores o Instituto Nacional de Estatística.

Co retroceso interanual de febreiro, a compravenda de vivendas encadea dous meses consecutivos de caídas, aínda que a de febreiro foi moito máis moderada que a de xaneiro (-15,4 %). A diminución interanual das compravendas de vivendas en febreiro foi consecuencia exclusivamente do retroceso das operacións sobre vivendas usadas nun 8,1 %, ata 33.055 transaccións, xa que as operacións sobre vivendas novas se incrementaron un 11,1 %, ata as 10.130 operacións, a súa cifra máis alta desde xullo de 2014.