CRTVG

Buscar

A compravenda de vivendas en Galicia medrou un 46 % en xuño

Publicado o 05/08/2021 20:36

A compravenda de vivenda en Galicia segue con resultados positivos no adianto interanual. En xuño medrou un 46 % respecto ao mesmo mes de 2020.

O prezo das vivendas rexistradas nas notarías galegas sufriu un descenso medio de case o 2 % lastrado pola baixada do valor dos pisos fronte a vivenda unifamiliar que se vendeu un 3 % máis cara. No caso da Coruña o sector inmobiliario fala de suba xeralizada dos prezos.

En canto ás hipotecas, o informe do Consello xeral do Notariado sinala que, tras 3 meses á baixa, a contía media aumentou en Galicia case un 35 %. En xuño asináronse case un 46 % máis de hipotecas que hai un ano.

Noticias web

05/08/2021