CRTVG

Buscar

A compravenda de vivenda caeu un 12% en setembro

Publicado o 12/11/2019 15:55

Peor setembro na compravenda de vivendas en tres anos. Cae o 12 por cento en relación a 2018. As operacións encadean dous meses en taxas negativas. O descenso é o dobre nas vivendas novas ca nas usadas.

Os expertos indican que influíu no verán a Lei hipotecaria, pero agora a parada mantense, aseguran, pola incerteza económica marcada pola parálise política, o brexit e a ralentización da economía.

 

Noticias web

12/11/2019