CRTVG

Buscar

A compañía Ritz-Carlton podería encargarlle máis transatlánticos a Barreras

Publicado o 14/01/2019 18:40

Este é o buque exclusivo que Barreras constrúe neste momento para a cadea hoteleira Ritz-Carlton nas súas plataformas de Vigo. A compañía estadounidense fixa os ollos nos estaleiros galegos e este podería ser o primeiro dunha serie de encargos de cruceiros de luxo.

O presidente da Xunta, acompañado polo conselleiro de Economía, mantivo un encontro cun dos responsables da navieira de ultraluxo para abordar as expectativas deste mercado en Galicia. Barreras entregará o buque a finais de 2019. Trátase do barco civil máis caro que se construíu ata agora en España, cun investimento superior aos 240 millóns de euros.

Noticias web

14/01/2019