CRTVG

Buscar

Bruxelas pide coordinación entre os estados para a aplicación de medidas

Publicado o 17/08/2020 10:38

Hai preocupación en Bruxelas polas novas restricións de viaxe aplicadas por varios gobernos europeos. A comisión avoga por aplicar medidas como corentenas ou probas PCR obrigatorias aos viaxeiros, no canto de pechar as fronteiras completamente.

A través dunha carta a Comisión lémbralles aos embaixadores dos estados membros que a experiencia do inicio da pandemia demostra que a coordinación nesta área resulta crucial e que nesta liña deberían de actuar.

Refírese Bruxelas na carta, ao caso concreto de Alemaña, que recomenda non viaxar a España ou ao de Holanda, con restricións a dez rexións europeas, entre elas Madrid. Novo récord de contaxios por coronavirus no mundo. Case 300.000 nun só día. A cifra total ascende a case 21,5 millóns.

Noticias web

17/08/2020