CRTVG

Buscar

A comisión de investigación do accidente de Spanair sinala os altos cargos de Fomento

Publicado o 23/04/2021 19:21
A comisión de investigación do accidente de Spanair sinala os altos cargos de Fomento

O Congreso responsabiliza a exministra de Fomento Magdalena Álvarez polo accidente de aviación de Spanair do ano 2008. Ademais de Álvarez, a comisión de investigación da cámara baixa apunta tamén a varios altos cargos do ministerio como corresponsables dun sinistro en que morreron 154 persoas. Culpa tamén o fabricante do aparello, Boeing, a propia compañía, os seus técnicos de mantemento, os pilotos e o sistema de emerxencia do aeroporto de Madrid. O PSOE votou en contra do ditame.

Noticias web

23/04/2021