CRTVG

Buscar

A comisión de festas de San Gregorio de Raxó sortea un Satisfyer

Publicado o 19/02/2020 14:03

Dende que a comisión de festas de San Gregorio deu a coñecer un dos agasallos que sortean, en Raxó non se fala doutra cousa. E é que decidiron sortear...

Por un euro, pódese adquirir unha rifa para o sorteo dun cordeiro ou do chuchador de clítoris, pero o que vai gañando e con moita vantaxe é o Satisfyer.

A noite do 14 de marzo, día de San Gregorio, e en plena verbena, anunciarase o nome do agraciado ou agraciada que levará o Satisfyer para a súa casa. A idea xurdiu das mulleres da comisión de festas.

O Satisfyer está a ser a estrela na venda de disfraces para este Entroido. Nunha tenda de Ponteareas xa venderon máis de 1.500 unidades.

Noticias web

19/02/2020