CRTVG

Buscar

A Comisión de Dereito Civil reivindica a figura galega das herdanzas en vida

Publicado o 02/06/2021 17:22

A Comisión de Dereito Civil de Galicia rexeitou o proxecto de lei do Goberno estatal que contempla o cambio na tributación das herdanzas en vida, unha figura propia do dereito civil galego que o texto recolle como "fraude".

O órgano consultivo considera que o novo plan, que está á espera de ser ratificado no Senado, vulnera os principios de igualdade do sistema tributario en comparación coas herdanzas por falecemento.

A iniciativa estatal suporá un incremento dos impostos dos galegos que reciban a herdanza cando o transmisor aínda está vivo. Co novo proxecto, teremos que pagar o imposto da diferenza entre o que custou, por exemplo, unha casa hai 30 anos e o seu valor de hoxe en día. 

 

Noticias web

02/06/2021