CRTVG

Buscar

A comedia galega 'Cuñados' chega ás carteleiras

Publicado o 09/04/2021 16:38

Despois da presentación internacional en Berlín e das preestreas en Ourense e Madrid, Cuñados chega hoxe á carteleira. O filme conta coa participación da Televisión de Galicia. Unha disparatada comedia que fala galego.

Miguel de Lira e Federico Pérez Rey son dous dos protagonistas de Cuñados, unha comedia "de case criminais que basea o seu humor en facer leña das miserias humanas". Así define, Toño López, director de Cuñados este filme con guión de Araceli Gonda e banda sonora de La Matumba, producido por Portocabo.

Xunto a De Lira e Federico Pérez Rey, Xosé A. Touriñán, nun elenco coral coa réplica feminina nas actrices Eva Fernández, Iolanda Muíños e María Vázquez. Cuñados chega ás carteleiras de toda España con 120 copias dispoñibles.

Noticias web

09/04/2021