A comarca de Bergantiños recupera a mobilidade entre concellos
Publicado o 16/12/2020 14:50
Foron necesarias varias semanas, pero as medidas de restrición deron resultado e permiten un pequeno respiro en Carballo.
Aínda así, os veciños toman a apertura con moita prudencia. Din que a situación non da pé a relaxarse.
Carballo é o centro de actividade de toda a comarca de Bergantiños que recupera a mobilidade tamén para as compras.
As medidas de apertura tamén se van notar nos locais hostaleiros, que recuperan horarios e ocupación.
Canda Carballo quedan tamén en nivel básico Laxe, Coristanco e Ponteceso.