A comarca de Arousa é un dos puntos negros da covid en Galicia nos últimos días
A comarca de Arousa é un dos puntos negros da covid en Galicia nos últimos días. Todos os municipios do Salnés teñen algún tipo de restrición. O Grove permanece no nivel máximo, pero a súa incidencia segue sen dar tregua e mantense por encima dos 500 casos a catorce días. Ao nivel alto han accedido Vilanova, Meaño e Ribadumia. Así quedará a comarca a partir de mañá.
O Grove permanece no nivel máximo pero a súa incidencia segue sen dar tregua e mantense por enriba dos 500 casos en catorce días. A partír de mañá hostalería estará pechada excepto para servizo a domicilio. As reunións só poderán ser entre conviventes e hai peche perimetral.
Un veciño di:"Chegamos a estar a cero. Subiron os casos moi rápido, nunha semana chegamos a máis de setenta. E agora o que queda é, do mesmo xeito que se subiu, poder baixar para acabar con isto".
En nivel alto están Vilanova, Meaño e Ribadumia. A hostalería só poderá estar aberta para servir en terrazas e cunha ocupación do cincuenta por cento. Dos tres concellos, o que presenta unha peor situación a curto prazo é Vilanova, cunha incidencia a sete días de 223 casos por cen mil habitantes.
Cambados, A Illa, Vilagarcía, Catoira e Meis están en nivel medio-alto, polo que a hostalería debe manter a ocupación do 30 % do interior e do 50 % do exterior. Estes concellos contan con esas restricións desde o pasado luns.
Unha hostaleira de Cambados dí: "Só tedes que ver a terraza como está, baleira. A xente ten moito medo, e como andan variando as cifras e as ocupacións, 50, 30..., xa non sabemos como facer".
Os que mellores datos presentan son Pontecesures e Valga. Nestes municipios a ocupación interior na hostalería está limitada ao 50 por cento e no exterior, ao 75 por cento, coma a maioría dos concellos de Galicia.